• youtube YouTube
  • twitter Twitter
  • facebook Facebook
  • spotify Spotify
  • LastFM Last.fm
  • myspace MySpace

Discografía

Navicularia

1996, BOA Music

Berrogüetto estréase cun disco sorprendente que rompe o encallamento da música folk.

Nun manuscrito titulado "De Navicularia", escrito en galego-portugués e firmado por Vigairo Lemos, relátase a historia e vivencias da tripulación dunha nave galega que quedou en corentena á altura da Illa de San Simón. Ao mesmo tempo, outras tres naves de distintas procedencias viviron a mesma situación. Durante esa tesitura as tripulacións dos catro barcos conviviron e a Illa de San Simón converteuse nun crisol de culturas.

Navicularia, o primeiro álbum de Berrogüetto, foi un éxito entre a crítica e o público, recibindo importantes recoñecementos. Con coidado e sensibilidade, de xeito discreto, o seu discurso sorprendía a todos. Este disco é considerado imprescindíbel pola súa combinación de tradición e modernidade.

Once temas nos que os membros de Berrogüetto tocan máis de cincuenta instrumentos e xuntan cancións tradicionais como "Anubía" ou "Vilalbalcán" con temas de composición propia como "Valseiro" ou "Navicularia"

Para este disco Berrogüetto contou coa colaboración das pandereiteiras de Cantigas e Agarimos que poñen a voz a catro temas.

Tras esta espectacular saída ao mercado comezaron as actuacións por festivais e as xiras internacionais por Galicia, España, Portugal, Alemaña, Francia e Reino Unido, confirmando a vitalidade e o prestixio dunha banda galega que se convertía en moi curto tempo nun dos grupos de world music máis importantes do mundo.

  • 1
    Navicularia [6:02]
     
    Música: Anxo Pintos
  • 2
    Valseiro [3:31]
     
    Música: Anxo Pintos
  • 3
    Rosendo en Sabaxáns [3:58]
      Letras
    Música: Tradicional/ Berrogüetto Letras: Tradicional
  • 4
    Vilalbalcán I [3:28]
     
    Música: Tradicional. Marcha procesional de Vilalba
  • 5
    Vilalbalcán II [4:40]
     
    Música: Muiñeira do repertorio do "Choqueiro", gaiteiro de Cangas do Morrazo
  • 6
    Anubía [3:08]
      Letras
    Música: Tradicional/ Quico Comesaña/ Anxo Pintos. Peza inspirada nunha melodía recollida por Monserrat Rivera e Felisa Segade ás persoas maiores da aldea de Cerdeira Letras: Tradicional. Peza inspirada nunha melodía recollida por Monserrat Rivera e Felisa Segade ás persoas maiores da aldea de Cerdeira
  • 7
    Cancro crú [4:44]
     
    Música: Anxo Pintos
  • 8
    Jota de Mórdomo / Danza de Gargamala [2:24 / 1:16]
      Letras
    Música: Tradicional. Recollida por Monserrat Rivera, Felisa Segade e Carlos Vidal
  • 9
    Mornoambarina [5:38]
     
    Música: Tradicional. Marcha de procesión en Pontevedra
  • 10
    Jota de gheada [3:30]
     
    Música: Anxo Pintos
  • 11
    O Mandil [7:20]
      Letras
    Música: Quico Comesaña. Melodía vocal: tradicional Letras: Tradicional