• youtube YouTube
  • twitter Twitter
  • facebook Facebook
  • spotify Spotify
  • LastFM Last.fm
  • myspace MySpace

Discografía

Navicularia

1996, BOA Music

Berrogüetto estréase cun disco sorprendente que rompe o encallamento da música folk.

Nun manuscrito titulado "De Navicularia", escrito en galego-portugués e firmado por Vigairo Lemos, relátase a historia e vivencias da tripulación dunha nave galega que quedou en corentena á altura da Illa de San Simón. Ao mesmo tempo, outras tres naves de distintas procedencias viviron a mesma situación. Durante esa tesitura as tripulacións dos catro barcos conviviron e a Illa de San Simón converteuse nun crisol de culturas.

Navicularia, o primeiro álbum de Berrogüetto, foi un éxito entre a crítica e o público, recibindo importantes recoñecementos. Con coidado e sensibilidade, de xeito discreto, o seu discurso sorprendía a todos. Este disco é considerado imprescindíbel pola súa combinación de tradición e modernidade.

Once temas nos que os membros de Berrogüetto tocan máis de cincuenta instrumentos e xuntan cancións tradicionais como "Anubía" ou "Vilalbalcán" con temas de composición propia como "Valseiro" ou "Navicularia"

Para este disco Berrogüetto contou coa colaboración das pandereiteiras de Cantigas e Agarimos que poñen a voz a catro temas.

Tras esta espectacular saída ao mercado comezaron as actuacións por festivais e as xiras internacionais por Galicia, España, Portugal, Alemaña, Francia e Reino Unido, confirmando a vitalidade e o prestixio dunha banda galega que se convertía en moi curto tempo nun dos grupos de world music máis importantes do mundo.

O Mandil [7:20]

Música: Quico Comesaña. Melodía vocal: tradicional Letras: Tradicional

Agora que nos xuntamos
os de abaixo e os de arriba
agora que nos xuntamos
viva a nosa compañía.
Sabe Dios de hoxe nun ano
sabe Dios de hoxe nun día
sabe Dios de hoxe nun ano
quen terá máis alegría.
Válgame Dios que regalo
válgame Dios que hermosura
válgame Dios que regalo
cada uno con la suya.
Que ben baila o bailador
y también la bailadora
si la vista no me enghaña
baila el novio con la novia.
Eu caseime por un ano
por saber que día era
o ano vaise acabando
solteiriña quen me dera.
Ai vai unha e non vai outra (bis)
para tocar xa non podo
para cantar estou rouca.
Vouvos dala despedida
a todos en general
que mi corazón no quiere
con ninguno quedar mal.
VOLTA:
I a tu mandil
i a tu mandil Dolores
i a tu mandil
échale un ramo de flores.