• youtube YouTube
  • twitter Twitter
  • facebook Facebook
  • spotify Spotify
  • LastFM Last.fm
  • myspace MySpace

Discografía

Berrogüetto. O pulso da Terra

2011, Fernando Neira / Editorial Galaxia / Berrogüetto Produccións

Biografía e CD + DVD con concerto ao vivo.

O 1 de xullo de 1995, unha nova formación, de estraño nome e son irresistible, abarrotaba a compostelá praza da Quintana, tras apenas un par de meses de ensaio: Berrogüetto. O pulso da terra é a primeira biografía da banda, posiblemente, máis relevante que deu a música de raíz tradicional galega durante estas dúas últimas décadas. A partir das confesións dos membros presentes e pasados do hoxe septeto, pero tamén de numerosos colaboradores, o libro reconstrúe unha historia de éxitos e incertezas, recoñecementos internacionais, ambicións e temores, personalidades complementarias, crises e reinvencións, compromisos estéticos e ousadías, como a autoxestión ou a democracia asemblearia.

O libro, con abundantes fotografías inéditas, inclúe o DVD do concerto que Berrogüetto ofreceu o 13 de novembro de 2010 no Auditorio de Galicia, con motivo da presentación do seu álbum Kosmogonías, así como o CD coa banda sonora daquela histórica velada.

  • 01
    Cantar de Camiño [4:44]
     
    Música: Xabier Díaz / Guillerme Fernández/ Tradicional Letras: Tradicional / Xabier Díaz
  • 02
    Ataque de jota [5:11]
     
    Música: Santiago Cribeiro
  • 03
    Nadir [4:49]
     
    Música: Santiago Cribeiro / Guillerme Fernández
  • 04
    Esfericantus [4:33]
     
    Música: Anxo Pintos
  • 05
    Alalá da noite [4:31]
     
    Música: Quico Comesaña / Xabier Díaz Letras: Manuel Rivas
  • 06
    Astrea [2:28]
     
    Música: Quico Comesaña
  • 07
    K [4:29]
     
    Música: Anxo Pintos
  • 08
    O melro [1:44]
     
    Música: Anxo Pintos/ Xabier Díaz Letras: Manuel María
  • 09
    No meu cuarto [3:49]
     
    Música: Guillerme Fernández/ Xabier Díaz Letras: Manuel María
  • 10
    Líridas de abril [4:25]
     
    Música: Xabier Díaz / Guillerme Fernández/ Tradicional Letras: Tradicional / Xabier Díaz
  • 11
    Deneb [4:55]
     
    Música: Quico Comesaña
  • 12
    Caneta de poeta [5:21]
     
    Música: Xabier Díaz / Guillerme Fernández Letras: Xabier Díaz
  • 13
    Bailador [3:52]
     
    Música e letras: Tradicional
  • 14
    Igneominea [4:24]
     
    Música: Anxo Pintos
  • 15
    Rosendo en Sabaxáns [4:03]
     
    Música e letras: Tradicional
  • 16
    Planeta Can [5:59]
     
    Música: Quim Farinha
  • 17
    Danza de Meirol [4:45]
     
    Música: Xabier Díaz / Guillerme Fernández/ Tradicional Letras: Tradicional / Xabier Díaz
  • 18
    Xente [4:10]
     
    Música: Guadi Galego / Guillerme Fernández Letras: inspirada en texto de Manolo Maseda
  • 19
    Gali@matías.tacom [5:35]
     
    Música: Quico Comesaña