Aviso legal sobre o acceso ao website de Berrogüetto

CONDICIÓNS XERAIS DE UTILIZACIÓN E ACEPTACIÓN DAS MESMAS

Tódolos dereitos de propiedade industrial e intelectual da website www.berroguetto.com (en adiante O Portal) así como dos elementos contidos nas mesmas (que inclúen, entre outros, imaxes, sons, audio, vídeo, software ou textos) pertencen a Berrogüetto Produccións S. L. ou, no seu caso, a terceiras persoas.

 O USUARIO poderá visualizar tales elementos e ata imprimilos, copialos e almacenalos no disco duro do seu ordenador ou en calquera outro soporte físico a condición de que sexa, única e exclusivamente, para o seu uso persoal e privado, quedando terminantemente prohibida a súa utilización con fins comerciais, a súa distribución, así como a súa modificación, alteración ou descompilación, salvo acordo previo con Berrogüetto Produccións S.L.



1.- O Portal de Berrogüetto Produccións S.L. proporcionan o acceso a multitude de informacións, servizos, programas ou datos (en adiante, "os contidos") en Internet pertencentes a terceiras persoas aos que o USUARIO pode ter acceso. Aínda que Berrogüetto Produccións S.L. actúa de boa fe, non se converte en editor de devanditos contidos nin se fai responsable directa ou subsidiariamente de cantas  reclamacións poidan derivarse da calidade, fiabilidade, exactitude ou corrección dos mesmos.



2.- O USUARIO comprométese a facer un uso adecuado dos contidos e dos servizos (por exemplo servizos de grupos de novas, que Berrogüetto Produccións S.L. ofrece a través do seu Portal e a non empregalos para (i) incorrer en actividades ilícitas, ilegais ou contrarias á boa fe e á orde pública; (ii) difundir contidos ou propaganda de carácter racista, xenófobo, pornográfico - ilegal, ou atentatorio contra os dereitos humanos; (iii) provocar danos nos sistemas físicos e lóxicos de Berrogüetto Produccións S.L., dos seus provedores ou de terceiras persoas, introducir ou difundir na rede virus informáticos ou calesqueira outros sistemas físicos ou lóxicos que sexan susceptibles de provocar os danos anteriormente mencionados; (iv) intentar acceder e, no seu caso, utilizar, as contas de correo electrónico doutros usuarios e modificar ou manipular as súas mensaxes; (v) No caso de rexistrarse, o Usuario obrígase a proporcionar verazmente os datos proporcionados e a mantelos actualizados; (vi) a custodiar axeitadamente o "Nome de Usuario" e a "Contrasinal" que lle puidera ser facilitada por Berrogüetto Produccións S.L., como elementos identificadores e habilitadores para o acceso aos distintos servizos ofertados no Portal, comprometéndose a non ceder o seu uso nin a permitir o acceso a eles de terceiros, asumindo a responsabilidade polos danos e prexuízos que puideran derivarse dun uso indebido dos mesmos. Igualmente o usuario comprométese a comunicar a Berrogüetto Produccións S.L., coa maior rapidez, a súa perda ou roubo así como calquera risco de acceso ao "Nome de Usuario" e/ou a "Contrasinal" por un terceiro; (vii) Non utilizar identidades falsas, nin suplantar a identidade doutros na utilización do Portal ou na utilización de calquera dos servizos do Portal, incluíndo a utilización no seu caso de contrasinais ou claves de acceso de terceiros ou de calquera outra forma; (viii) Non destruír, alterar, utilizar para o seu uso, inutilizar ou danar os datos, músicas, informacións, programas ou documentos electrónicos de Berrogüetto Produccións S.L, os seus provedores ou terceiros; (ix) Para acceder á información contida no sitio Web e facer uso dos servizos ofrecidos, os menores de idade deben obter previamente permiso dos seus pais, titores ou representantes legais.

3.- Berrogüetto Produccións S.L. resérvase o dereito de efectuar sen previo aviso as modificacións que considere oportunas no seu Portal, podendo cambiar, suprimir ou engadir tanto os contidos e servizos que se presten a través da mesma como a forma na que estes aparezan presentados ou localizados no seu Portal.



4.- Berrogüetto Produccións S.L. perseguirá o incumprimento das anteriores condicións así como calquera utilización indebida do seu Portal exercendo todas as accións civís e penais que lle poidan corresponder en dereito.

LEXISLACIÓN APLICÁBEL. SUBMISIÓN A FORO

As presentes condicións, rexeranse pola lexislación española, que será de aplicación no non disposto neste contrato en materia de interpretación, validez e execución.

As partes renuncian expresamente ao foro que lles puidera corresponder e sométense expresamente aos Xulgados e Tribunais de Santiago de Compostela para resolver calquera controversia que poda xurdir na interpretación ou execución das presentes condicións contractuais.

CONDICIÓNS PARA A PRESTACIÓN DE SERVIZOS ENTRE BERROGÜETTO PRODUCCIÓNS S.L. E OS USUARIOS

Estas condicións xerais de contratación xunto, no seu caso, coas condicións particulares que podan estabelecerse, regularán expresamente as relacións xurdidas entre Berrogüetto Produccións S. L., con enderezo en Lugar Grupo Sindical Pereiras nº 57, 36519 MOS (Pontevedra) e con C.I.F. B- 36.490.605 e os terceiros (en adiante "Usuarios") que contraten a prestación dos servizos ou produtos ofrecidos a través do Portal.

As presentes Condicións Xerais foron elaboradas de conformidade co establecido na Lei 34/2002, de servizos da sociedade da información e comercio electrónico, a Ley 7/1998 sobre Condicións Xerais de Contratación, o Real Decreto 1906/1999 polo que se regula a contratación telefónica ou electrónica con condicións xerais en desenvolvemento do artigo 5.3 da Lei 7/1998, a Lei 26/1984 Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios, a Lei 7/1996 de Ordenación do Comercio Minorista, o Real Decreto-Lei 14/1999 reguladora da Firma Electrónica e cantas disposicións legais resulten de aplicación.

Pola utilización e/ou a prestación de calquera dos servizos do Portal, supoñen a aceptación como Usuario, sen reservas de ningunha clase, a todas e cada unha das Condicións Xerais de Contratación, das Condicións Xerais de Utilización do Portal así como no seu caso, ás Condicións Particulares que, no seu caso rexan a adquisición.

Berrogüetto Produccións S. L. informa que os trámites para efectuar a adquisición de bens e/ou obter a prestación dos servizos ofrecidos, son aqueles que se describen nas presentes condicións xerais, así como aqueles outros específicos que se indiquen en pantalla durante a navegación, de maneira que o Usuario declara coñecer e aceptar ditos trámites como necesarios para acceder aos produtos e servizos ofrecidos no Portal.

Toda a información proporcionada durante o proceso de contratación será almacenada por Berrogüetto Produccións S. L. de maneira que o Usuario poderá, previa solicitude efectuada por escrito solicitar información referente ás operacións efectuadas por el dentro dos 6 meses anteriores. Calquera modificación e/ou corrección dos datos proporcionados polos Usuarios durante a navegación deberá efectuarse segundo as indicacións incluídas no Portal.



POLÍTICA DE PRIVACIDADE

Para poder facer uso dalgúns dos servizos que o Portal ofrece, os usuarios deberán rexistrarse indicando datos de carácter persoal. O usuario do Portal autoriza a Berrogüetto Produccións S.L. como propietario da web ao tratamento automatizado dos datos persoais incluídos na nosa web e da base de datos de carácter persoal que a mesma xere. Así mesmo, é posíbel que Berrogüetto Produccións S. L. active programas "cookies" mediante os cales se recoñeza ao usuario co ánimo de mellorar os servizos que presta.


Durante o proceso de recollida de datos, e en cada lugar do Portal no que se soliciten datos persoais, o Usuario será informado, xa sexa mediante un hyperlink, xa sexa mediante a inclusión das mencións oportunas no propio formulario, do carácter obrigatorio ou non de recollida de tales datos para a entrega dos produtos ou contratacións, excepto a realización de pedidos en cuxo caso Berrogüetto Produccións S. L. informa desde este momento ao Usuario que non se considerará de carácter voluntario, polo que será necesaria a súa inclusión para a formalización da prestación dos servizos, proporcionar os datos relativos á identidade, enderezo e número de tarxeta de crédito para realizar o pagamento, ao ser estes datos necesarios para a formalización e prestación dos distintos servizos ofrecidos no Portal.

En cumprimento da Lei 15/1999, de 13/12/99, de Protección de Datos de Carácter Persoal, Berrogüetto Produccións S.L. informa que os datos de carácter persoal que se solicitan nos nosos formularios se incluirán nunha base de datos de carácter persoal.

 O usuario do Portal dispón en todo momento dos dereitos de información, acceso, rectificación, oposición e cancelación, en virtude do disposto na LORTAD (Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal). Calquera execución destes dereitos pode realizarse a través do mail info@berroguetto.com.
 
Berrogüetto Produccións S.L. comprométese a non ceder, vender, nin compartir os datos persoais en beneficio de terceiros alleos á nosa empresa.

 Os datos facilitados non serán usados con finalidades distintas á prestación do servizo e serán cancelados cando deixen de ser necesarios para tal fin.

 Os enderezos de correo electrónico que se nos facilitan, son usados para poder enviar os nosos "newsletter" ou outro tipo de información que poida ser do interese do usuario.

O Portal contén enlaces con outros sites non pertencentes á nosa empresa, de forma que non podemos garantir a seguridade da información que o usuario proporcione a eses sites. Así mesmo, en relación a estas webs enlazadas, a nosa empresa non se fai responsable do contido de ningunha delas, nin de calquera posible operación comercial que o usuario realice con algunha delas. O usuario debe recordar que o fai baixo a súa responsabilidade.



Berrogüetto Produccións S.L. resérvase o dereito a realizar modificacións do contido establecido nesta política de privacidade.



Lei LSSICE


Nota legal sobre a Lei de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSICE).



En cumprimento da Lei de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSICE) informamos:


 Que ao facer uso dos nosos servizos o usuario acepta recibir comunicacións comerciais periódicas das que poderá cancelar a súa subscrición mediante comunicación formal e por escrito a e-mail info@berroguetto.com.