Novas
16.06.2010
Golfo Ártabro, gañador do concurso de Nanocontos
Golfo Ártabro, gañou o concurso de Nanocontos que Berrogüetto fixo en Facebook con este texto:
"O seu amor rompía enérxico na bóveda celeste. Abeirados na ermida da illa, agarrados, el pedía cousas como transformarse en constelación inacabada cando morrer, agardando a chegada dela para se completar.
Cando silandeira se espía no seu cuarto, sorría as ocorrencias do mozo ao ver caer os amores que furtivamente lle ag...ochaba na roupa. Esa mesma noite despedíranse para ir ao mar.
Non deitou bágoa cando acharon a súa gamela contra o cantil. Adentrouse nocturna nas ondas. A ardora que produciu o seu corpo ascendeu coma lóstrego invertido para encher cun peixe estrelado aquel espazo baleiro a carón da constelación do mariñeiro."

O gañador, resultado das votacións dos seareiros, recibiu como agasallo asistir ao último concerto da xira de presentación que o grupo está realizando en Galicia, o vindeiro 22 de xuño en Ourense, ademais dun disco firmado.