Novas
30.06.2010
Berrogüetto participa no homenaxe poético musical a John Berger
* O grupo, coñecido pola súa reivindicación social, comparte co escritor a súa visión polos oprimidos, plasmada ao longo da súa traxectoria
* Se enmarca no acto da exposición de Isabel Coixet From I to J
O mércores día 30 de xuño 20:30, na antiga cárcere provincial da Coruña, o grupo Berrogüetto participará en Terra Berger, o homenaxe poético musical que se renderá ao escritor John Berger xunto aos escritores Xoán Abeleira, Rosa Aneiros, Lupe Gómez, Xavier Seoane, Manuel Rivas, Yolanda Castaño e Cesáreo Sánchez.
Ao longo da súa traxectoria, Berrogüetto salientou todas aquelas vontades colectivas ou individuais que cos seus xestos e actitudes traballan para mellorar o seu contorno. Na mesma liña que John Berger, Berrogüetto quixo dar voz aos sen voz, proba diso é o seu último traballo, Kosmogonías, no que recollen sete berros: lingua, mar, superpoboación, morte vivida, terra, orixe e muller.
Berrogüetto será o único grupo musical que participa neste acto, tocando as seguintes cancións:
- Líridas de abril (Kosmogonías)
- Cantar de camino (Kosmogonías)
- Alalá da noite (Kosmogonías)
- Unha volta e un poema (10.0)
Terra Berger, o homenaxe a escritor dos oprimidos
Terra Berger é unha iniciativa na que os escritores galegos xunto ao grupo Berrogüetto renden tributo a esta figura das letras. Concibido como un acto de xustiza, neste acto a poesía e a melodía convértense en protagonistas para recoñecer o gran labor literaria que fixo Berger, o escritor dos oprimidos e excluídos da sociedade.
A homenaxe enmárcase na exposición de Isabel Coixet From I to J proxecto inspirado na obra do escritor e que permanecerá na antiga cárcere da Coruña ata o 11 de xullo. Nel recitaranse os poemas de Berger nas voces dos poetas galegos, recordando aqueles que foron privados de liberdade, torturados ou humillados por defender as súas ideas.