Novas
02.06.2010
Berrogüetto lanza na rede un concurso de "Nanocontos"
A través da plataforma Facebook poden participar os máis de 6.000 seareiros, tanto como escritores como xurado.
100 palabras, cun título, formulación, nó e desenlace. Este é un nanoconto, a proposta que Berrogüetto realiza aos seus seareiros no Facebook a raíz da publicación do último traballo, Kosmogonías. Nun disco tan literario como este, que conta coas participacións de Rosa Aneiros e Manuel Rivas, Berrogüetto presenta un reto á imaxinación dos seus afeccionados.
Ata o 15 de xuño Berrogüetto organiza este concurso na rede social Facebook que terá como agasallo asistir ao último concerto da xira de presentación que o grupo está realizando en Galicia, o vindeiro 22 de xuño en Ourense, ademais dun disco firmado. O gañador será resultado das votacións dos seareiros, quen ditaminarán que nanoconto é o máis atractivo.
O nanoconto ten que ser unha historia en si mesma e non o resumen dun texto máis longo. O kosmos, tema central del disco Kosmogonías, será o eixe sobre o que xire a historia.
					
								
									
						
					
								
								
						Voltar ás novas				
						
				
			
		
		
				
			
			
				YouTube
			
		
			
			
				Twitter
			
		
			
			
				Facebook
			
		
			
			
				Spotify
			
		
			
			
				Last.fm
			
		
			
			
				MySpace
			
			
		
				Cargando