Newsletter
  • youtube YouTube
  • twitter Twitter
  • facebook Facebook
  • spotify Spotify
  • LastFM Last.fm
  • myspace MySpace

Novas

19.04.2010

Catálogo de galaxias sociais na Fundación Luís Seoane da Coruña

Catálogo de galaxias sociais: O berro do Universo, proxectárase ate o final de abril na Fundación Luís Seoane da Coruña. A videocreación realizada por Olaia Sendón para Kosmogonías poderá verse no horario habitual de 11 a 14 e 17 a 20 horas.

Kosmogonías inclúe unha novidade na discografía de Berrogüetto, a incorporación dun DVD con material inédito do grupo: Detrás das Kosmogonías, unha reportaxe ao estilo dos making of realizada polo alumnos da Escola de Imaxe e Son da Coruña, baixo a dirección do profesor Henrique Hortas e; Catálogo de galaxias sociais: O berro do Universo, a videocreación realizada pola artista Olaia Sendón.

“O home domestica o mundo para facelo útil, converte o vento e a marea en enerxía e codifica as ondas herzianas para transmitir as súas mensaxes. As respostas están aí, aínda que imposíbeis de ler sen coñecer a súa linguaxe; están alí, máis aló da visión romántica do home que mira as estrelas; están no ruído branco chamado neve, que por pouco tempo seguirá nas televisións sen sintonizar e que contén o eco do principio dos tempos (…)

Catálogo de galaxias sociais funciona coma un mosaico de impresións. A intención da peza é efectivamente facer un catálogo de galaxias inventadas. Cada unha das cales supón un berro a lanzar ao universo; galaxias que falen de temas que preocupan ao grupo e que cada un dos compoñentes había representar.” Olaia Sendón

Voltar ás novas