Newsletter
  • youtube YouTube
  • twitter Twitter
  • facebook Facebook
  • spotify Spotify
  • LastFM Last.fm
  • myspace MySpace

Novas

18.04.2010

Kosmogonías, entrou na lista AFYVE dos discos máis vendidos.

Kosmogonías, que está á venda desde o pasado 6 de abril, entrou na súa primeira semana na lista AFYVE dos 100 discos máis vendidos.

As listas oficiais de ventas son realizadas semanalmente por ProMusicae (antes AFYVE), a asociación de Produtores de Música de España. As diferentes listas mostran os movementos de venda de fonogramas e videogramas en España, entre os formatos que cualifica a lista están, álbumes, compilacións, singles, lista de radio e DVDs.

Coa querenza á música, á tradición e ao traballo feito desde o corazón e a dedicación, Berrogüetto logra colocar entre os máis vendidos un disco galego e en galego.

Voltar ás novas