Newsletter
  • youtube YouTube
  • twitter Twitter
  • facebook Facebook
  • spotify Spotify
  • LastFM Last.fm
  • myspace MySpace

Novas

28.11.2013

Cabreiroá rende tributo a catro emblemáticos faros galegos nunha edición limitada coa música de Berrogüetto

  • Botellas Cabreiroá

24 millas de luz, 4 escintileos cada 20 seg. e un sinal sonoro que alcanza as 7 millas, son o ADN do único  faro romano en uso na actualidade,  o da Torre de Hércules. Distinto alcance e ritmo teñen os outros tres que o acompañan, o de Fisterra, Estaca de Bares e o de Montefaro nas Illas Cíes.

Cada Faro leva agachado un ritmo particular que tanto o distingue como o fai coñecido de entre os seus iguais. Así son as augas que saen do manancial de Cabreiroá. Únicas e singulares, que sacian a sede como a que máis, pero que saben e poden achegar novas expresións á hora de baleirar un vaso, como a Magma, que nace no eclipse perpetuo, da alianza simbiótica entre a terra mineral, a auga habitante e os gases primordiais, aqueles que nos falan da orixe da terra... 

Temos a rítmica luz que orienta a Mariños e mariñeiros, tamén o elemento do que a vida naceu e sobre a que se sostén: a auga. E atopamos en Berrogüetto e nas súas músicas, tan contemporaneamente pegadas à terra, a alianza umbilical que buscabamos. Os músicos de Berrogüetto veñen de crear un tema inédito "Astro de pedra" que axunta o ritmo de luz e de eclipse dos faros, o bulideiro ritmo de descarga dunha botella da edición limitada de Cabreiroá desde o seu fino gusto pola experimentación desde a música tradicional...

Cabreiroá invítache a participar nesta experiencia inédita.

http://www.cabreiroa.es/ aquí podes descargar, de forma gratuita, a canción de Berrogüetto "Astro de pedra"

Voltar ás novas