Newsletter
  • youtube YouTube
  • twitter Twitter
  • facebook Facebook
  • spotify Spotify
  • LastFM Last.fm
  • myspace MySpace

Novas

27.02.2011

“Alalá da noite” finalista como mellor canción en galego na XV Edición dos Premios da Música

O pasado 24 de febreiro publicáronse os finalistas da XV Edición dos Premios da Música que outorga a “Academia de las Artes y las Ciencias de la Música” que se entregarán o vindeiro 18 de maio nunha gala no Teatro Arteria Coliseum de Madrid.

Berrogüetto opta ao premio á mellor canción en galego polo tema “Alalá da noite”, inspirado no poema que Manuel Rivas enviou ao grupo como agasallo tras o concerto de presentación de Xabier Díaz como nova voz da formación. Unha composición de Quico Comesaña e Xabier Díaz que abre “Kosmogonías” o quinto disco de Berrogüetto.

Optan a este mesmo premio “Quen me dera na casiña” de Siniestro Total “Negro caravel”, de Cristina Pato e Rosa Cedrón, “Derorán”, de Mercedes Peón.

Voltar ás novas