Newsletter
  • youtube YouTube
  • twitter Twitter
  • facebook Facebook
  • spotify Spotify
  • LastFM Last.fm
  • myspace MySpace

Novas

23.12.2010

O Apalpador envíavos de parte de Berrogüetto, un agasallo sonoro inzado cos bonecos de goma, cartón e papel de Manuel María

Despedimos este 2010, cheo de acontecementos, convivios e emocións. Un ano de estrea discográfica con "Kosmogonías", de colaboracións de talento e amizade: Rosa Aneiros, Manuel Rivas,Olaia Sendón, Xoán Piñón,… de gravación do noso 1º making off, do concurso de nanocontos no Facebook, de xira de presentación do disco coa Fundación Manuel María, da participación na BSO do filme "The Way", da presenza en Feiras Internacionais, da gravación do DVD dun concerto ao vivo, do concerto de Nadal da Universidade de Vigo coas Pandeireteiras de Cantigas e Agarimos e con Carmen París...

... E sobre todo 2010 foi un ano no que notamos de xeito especial o voso alento.  Comezamos o ano regalando o single Danza de Meirol e o rematamos regalando o tema inédito O meu cuarto (poema musicado de Manuel María, que podes descargar pinchando na foto do grupo da páxina principal da web) en agradecemento ao apoio de todos vós!. Con el, afrontamos cargados de ilusión os novos proxectos para o 2011. Agardamos seguir compartindo con todos vós sorrisos, bágoas e emocións a través da música. Un bico e feliz tránsito ao novo ano!.... e moitas, moitas grazas!

Berrogüetto

Voltar ás novas