Newsletter
  • youtube YouTube
  • twitter Twitter
  • facebook Facebook
  • spotify Spotify
  • LastFM Last.fm
  • myspace MySpace

Novas

27.03.2010

Descarga o single de Kosmogonías

Berrogüetto pon á vosa disposición o adianto do novo disco Kosmogonías, que estará nas tendas a partir do vindeiro 6 de abril.

Desde agora podes descargar gratuitamente o single Danza de Meirol, na web de Berrogüetto. Só tes que pinchar no banner da páxina de inicio e facer efectiva a descarga.

Danza de Meirol, primeiro single de Kosmogonías

Danza de Meirol é unha composición baseada na tradición e recuperada grazas ao traballo de campo que habitualmete realiza Berrogüetto recompilando de primeira man os sons e as voces de Galiza, que en moitas ocasións só están vivas de maneira oral. Danza de Meirol foi recollida por Berrogüetto respectando a lírica tradicional. Seguindo o estilo definido do grupo, o tema evolucionou a través dun tratamento contemporáneo. 

Berrogüetto, cinco discos, cinco sentidos…

 

Voltar ás novas