Newsletter
  • youtube YouTube
  • twitter Twitter
  • facebook Facebook
  • spotify Spotify
  • LastFM Last.fm
  • myspace MySpace

Novas

18.04.2010

O concerto de Kosmogonías na Coruña será retransmitido por Radio3

Hoxe 18 de Abril, Berrogüetto presentará o novo disco Kosmogonías no Teatro Rosalía de Castro da Coruña ás 20horas. O concerto será retransmitido en directo a través de Radio 3.

O artista, músico e comunicador Juan Pablo Silvestre, que dirixe e presenta Mundo Babel en Radio3, desprazárase a A Coruña para a retransmisión en directo do concerto.

Juan Pablo Silvestre, entrevistou a longo da súa traxectoria aos máis grandes nomes da música Celia Cruz, Tito Puente, Pérez Prado, Bambino, Camarón, Bebo Valdés, Juan Pablo Torres, Jane Birkin, Sinatra, MacLaren, Bowie, Jerry Lee Lewis, Ray Charles, Miles Davis, Juliette Greco, Bryan Ferry, Françoise Hardy e algún Stone alone.

MUNDO BABEL. Praias virxes, Mundos perdidos, Xeografías por descubrir.

MUNDO BABEL. Linguas distintas, opinións diversas, mundos paralelos, e, en definitiva unha xanela ao Mundo, un mosaico de razas, unha visión diferente e sensible da realidade.

Merca a túa entrada na Axenda desta web

Voltar ás novas